Cargando resultados...
Leonor entrega por primeira vez os premios Princesa de Xirona na provincia catalá
Nas tres edicións anteriores o acto trasladárase a Barcelona polo veto do Concello xerundense
G24.gal
05/07/2023 14:49
A princesa Leonor entrega esta tarde os Premios da Fundación Princesa de Xirona. Esta mañá participou coa súa irmá, a infanta Sofía, en varios actos previos á cerimonia.
Os reis e as súas fillas tamén se reuniron cos galardoados en anteriores edicións destes premios que promoven a investigación, a creatividade e a solidariedade dos mozos.
É a primeira vez que Leonor entrega os galardóns da fundación na provincia de Xirona, xa que nas tres edicións anteriores o acto se trasladou a Barcelona polo veto do Concello xerundense.