Publicador de contidos

Publicador de contidos

A primeira xornada de folga en ENCE paraliza a factoría de Pontevedra

A primeira xornada de folga en ENCE paraliza a factoría de Pontevedra

Hai convocados once paros máis en protesta polo despedimento de 39 persoas

O comité de empresa acusa a dirección de "mentiras e compromisos incumpridos"

G24.gal 08/11/2025 13:55 Última actualización 08/11/2025 14:38

O persoal da fábrica que Ence ten en Pontevedra secunda este sábado a primeira das doce xornadas de folga en protesta polo despedimento de 39 operarios, dun cadro de 282.

Ante unha ampla despregadura policial, fixeron piquetes ás seis da mañá pero non se produciron incidentes, dado o apoio maioritario ao paro.

"Só podemos responder con toda a nosa forza e unidade ante esta ameaza directa de despedimento colectivo", sinalaron en rolda de prensa os membros do comité, formado por representantes de Comisións Obreiras, CIG e UXT.

Esta situación, segundo confirman o presidente e o secretario do comité, Santiago Cerqueiro e Omar Vázquez, provocou unha "guerra total aberta" entre a empresa e o persoal, que acusa a dirección da compañía de "mentiras e compromisos incumpridos".

A convocatoria de folga, aprobada por ampla maioría en asemblea, afecta tanto á fábrica de Ence en Pontevedra como ao resto de centros produtivos da compañía e ás industrias auxiliares que dependen directamente da celulosa.

O comité de empresa asegura que o 100% do cadro de persoal da fábrica apoiou o paro convocado. Unicamente están operando os servizos mínimos establecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade