A Primeira Rfef colle carreira cunha nova xornada que comeza o martes
O Deportivo xoga o partido adiantado no campo do Badaxoz
O mércores veremos na G2 os partidos do Rácing (19 horas) e do Pontevedra (21 horas)
Co derbi de Pasarón aínda fresco a Primeira Rfef colle carreira, con xornada intersemanal e para acabar con outro derbi o domingo, o Deportivo-Racing. Pero antes, os coruñeses xogan este martes en Badaxoz, tras empatar co Córdoba na casa. Óscar Cano anuncia poucos cambios.
O Rácing, cun punto máis, reforzouse animicamente a conta do Pontevedra. Os goles de Joselu e Carlos Vicente no primeiro tempo déronlle a vitoria ós de Cristóbal despois de cinco xornadas sen gañar. Os ferroláns reciben o Linares o mércores as sete da tarde en directo pola G2 e a continuación veremos o Córdoba-Pontevedra, o máis dificil aínda para os granates.
O Celta B xoga o mércores en Talavera. O empate a dous en Balaídos con remontada incluída co Alxeciras mantén o filial dous puntos por riba da zona de perigo.