Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presenza de tres toxinas obriga ao peche da metade dos polígonos bateeiros de Galicia

A presenza de tres toxinas obriga ao peche da metade dos polígonos bateeiros de Galicia

Ademais do mexillón a prohibición de extracción aféctalle á captura da ameixa, do longueirón e do berberecho

A ría máis afectada é a de Pontevedra
G24.gal 25/08/2025 16:50

A presenza de tres tipos de toxinas diferentes mantén máis da metade dos polígonos bateeiros de Galicia pechados. A situación tamén lles afecta, aínda que menos, aos bancos marisqueiros.

A ría máis afectada nestes momentos é a de Pontevedra, pola coñecida como toxina diarreica. Porén os expertos din que se trata de episodios normais e aseguran que os produtos que chegan aos mercados para o seu consumo son seguros.

Tamén lles afecta aos bancos marisqueiros, aínda que en menor medida. Neste caso o 70 %  permanecen abertos.

"A toxina amnésica ten unha evolución moi rápida pero estamos facendo mostraxes todos os días, o que pode evolucionar de xeito rápido ben para abrir as zonas ou ben se se confirma para pechalas", explica Covadonga Salgado, directora de Intecmar.

No caso dos polígonos bateeiros o 50 % dos peches son cautelares.

A presenza destas toxinas non é un fenómeno extraordinario. Din os expertos que estamos ante episodios habituais e que os controis diarios garanten a seguridade alimentaria.

Ademais do mexillón a prohibición de extracción aféctalle á captura da ameixa, do longueirón e do berberecho.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade