Publicador de contidos

Publicador de contidos

A praia de Silgar acolle o campionato nacional de socorristas veteranos

A praia de Silgar acolle o campionato nacional de socorristas veteranos

Compiten mulleres e homes maiores de 30 anos pertencentes a clubs de dez comunidades autónomas

Máis de 260 deportistas participan en nove probas distintas, que se desenvolven na auga e na area

G24.gal 25/05/2025 15:52 Última actualización 25/05/2025 19:35

A praia de Silar en Sanxenxo acolleu esta fin de semana o campionato de España máster para socorristas. Case trescentos participantes compiten en distintas probas deportivas, co único límite dunha idade mínima.

Trátase dun campionato, aínda que neste caso hai que dicir, de verdade, que o máis importante é participar, poder facelo.

Está aberto a persoas maiores de 30 anos, vinculados dalgún xeito directo ou indirecto co socorrismo, organizado polas federacións española e galega, a través dos clubs. Dispútanse nove probas que se practican tanto na auga como na area, en categoría feminina e masculina.

A capacidade física, a concentración e a velocidade de reacción son as aptitudes máis valoradas. Pero, sobre todo, o que demostran os participantes é o seu estado de forma e as gañas de seguir facendo deporte, mentres o corpo aguante.

Agás a idade, que marca o limiar de inscrición, non hai máis impedimentos para entrar neste campionato que a vontade de superarse. Moitos foron socorristas, aínda que non é condición imprescindible.

"Eu, como nai de tres deportistas, decidín cunhas compañeiras meterme neste deporte, que é moi bonito, porque antes non facía nada e agora animo á xente a que participe", comenta unha muller de Sada.

"Teño 72 anos, competín en Australia durante case vinte anos, fun surfista e nadador", di un participante.

Mulleres e homes compiten en nove probas distintas, tanto na auga como na area: sprint, remuda, esquí, natación, bandeira, carreiras con táboa de salvamento, etc... Manter o corpo en forma e de paso alimentar o espírito competitivo é o principal obxectivo. 

Un total de 265 deportistas integrados en clubs de dez comunidades participan neste evento que por terceiro ano consecutivo se celebra na praia de Silgar. Galicia achega o 25 % dos participantes.

Ademais dos premios individuais, os clubs optan tamén aos galardóns por equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade