Cargando resultados...
A praia de Baldaio, en Carballo, entre as 10 máis accesibles de España
G24.gal
19/08/2022 21:37
Unhas das 10 praias coa mellor accesibilidade do litoral de toda España: así catalogou a praia de Baldaio, en Carballo, a web de información meteorolóxica eltiempo.es.
No areal; pasarelas, escaleiras e ramplas protexen o espazo dunar. A web tamén valora as estradas e pistas de acceso para os vehículos así como os espazos reservados a aparcadoiro. Aínda que neste caso as persoas usuarias poñen algún reparo.
A bandeira azul que loce a praia de Baldaio recoñece a calidade dos seus servizos e tamén das súas augas. A lagoa e marisma completan un entorno natural que está considerado un dos humedais máis importantes de Galicia e zona de especial protección ambiental.