Publicador de contidos

Publicador de contidos

A porcentaxe de maiores de 65 anos aumenta nas cidades galegas

A porcentaxe de maiores de 65 anos aumenta nas cidades galegas

En Ferrol, Ourense e A Coruña supera o 25 %

G24.gal 19/02/2023 14:11 Última actualización 19/02/2023 14:40

O envellecemento da poboación non é un fenómeno exclusivo do rural galego. Tamén sucede nas sete cidades galegas.

Preto do 30 % da poboación ferrolá pasa dos sesenta e cinco anos. É a urbe coa porcentaxe máis alta de persoas maiores. En Ourense e na Coruña, están nesta franxa de idade unha de cada catro persoas.

A evolución enténdese mirando as cifras do inicio do século. En 2000, a poboación coruñesa de máis de 65 anos representaba o 17 % do total e en 2008 rozaban xa o 20. A idade media aumenta en todas as cidades galegas.

Son datos do Instituto Galego de Estatística, que non prevé cambios de tendencia para os vindeiros anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade