Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pontevedresa Tere Abelleira renova polo Real Madrid ata 2026

A pontevedresa Tere Abelleira renova polo Real Madrid ata 2026

Remataba contrato en xuño pero o seu desexo era continuar no equipo branco

G24.gal 06/06/2024 20:07

O Real Madrid anunciou a renovación da xogadora pontevedresa Teresa Abelleira ata o ano 2026. A centrocampista internacional remataba o contrato no mes de xuño pero a súa prioridade sempre foi seguir no equipo branco, co que xa ampliara o seu vínculo en 2022. 

Abelleira chegou ao Real Madrid en 2020 procedente do Deportivo, equipo co que debutou en Primeira División. Converteuse nun dos alicerces do segundo equipo da competición, aínda que nunca conseguiu facerlle cóxegas ao Barcelona. 

A consagración de Abelleira produciuse no último Mundial no que España gañou coa galega levando o temón no centro do campo. Esta temporada foi indiscutible no Real Madrid. Había outros equipos e doutras ligas extranxeiras que tiñan postos os ollos nela pero non dubidou en aceptar a ampliación do contrato e seguirá, polo menos, ata as seis temporadas vestida de branco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade