Cargando resultados...
A policía remite ao xulgado o caso do accidente mortal no recinto feiral de Lugo
A vítima, un compostelán de 35 anos, puido incorrer nunha neglixencia

Félix Aragunde
28/09/2022 13:37
Unha vez rematada a investigación do accidente laboral en que perdeu a vida un mecánico que traballaba na montaxe dunha atracción no recinto feiral do San Froilán, en Lugo, o caso encóntrase agora en mans da xustiza.
A vítima, un compostelán de 35 anos, puido incorrer nunha neglixencia que derivou no fatal desenlace.
O operario non levaba arnés nin casco e calzaba chanquetas cando subiu a unha escada para realizar unha instalación eléctrica e acabou precipitándose dende unha altura de máis de dez metros.