Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional levará cámaras unipersoais

A Policía Nacional levará cámaras unipersoais

Utilizaranse en intervencións de seguridade cidadá e os axentes deberán informar do seu uso

G24.gal 04/08/2022 20:04

Os axentes da Policía Nacional poderán utilizar dispositivos de gravación durante as súas intervencións a partir do oito de agosto. En principio, as cámaras irán destinadas aos efectivos de seguridade cidadá.

Segundo informou o Ministerio de Interior, os axentes terán que informar do seu uso á poboación para que os cidadáns poidan exercer os seu dereito de acceso, rectificación ou limitación de tratamento das imaxes. 

Sindicatos policiais destacaron o aumento de seguridade, tanto física como xurídica, que estes aparellos lles dará aos axentes nas súas intervencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar