A policía investiga a actividade do presunto aparcadoiro ilegal da Lavacolla tras recibir cinco denuncias
A policía investiga a actividade do presunto aparcadoiro ilegal da Lavacolla tras recibir cinco denuncias
Os usuarios empregan as redes para amosar o seu malestar polo xeito de proceder deste aparcadoiro
O propietarios da parcela onde iniciou a actividade a empresa tiveron que desafiuzalos
Unha dotación da Policía Nacional tivo que acceder a unha das leiras onde se amoreaban centos de vehículos cuxos propietarios alugaran o servizo da presunta empresa ilegal de aparcadoiro da Lavacolla.
Foran requiridos por clientes que tras varias horas de espera non conseguiran recuperar os seus coches.
O malestar dos usuarios tamén é patente nas redes sociais, onde relatan as horas de espera para que lles entregasen o seu coche, ou feitos como atopar as chaves doutro vehículo no interior, ou que lles entregasen un coche que non era o depositado.
Son só algunhas das evidencias da actuación da empresa de aparcadoiro presuntamente ilegal, da que tamén se queixan os propietarios dun hotel que en 2018 lle arrendaron unha zona onde exercían a súa actividade. Tras conseguir desafiuzalos aseguran que estiveron noutras propiedades da zona das que tamén foron botados.
Noutros negocios da zona onde cada día comproban como lle estacionan os vehículos nos seus terreos, declinan falar á cámara por medo, igual que o que chegou a sufrir Salomé.
A Policía Nacional está a investigar as actuacións presuntamente ilegais desta empresa tras as denuncias presentadas por polo menos 5 clientes.