Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional incautase de 10,5 toneladas de haxix e detén a 57 persoas

A Policía Nacional incautase de 10,5 toneladas de haxix e detén a 57 persoas

A investigación iniciouse en agosto do 2025 cando se tivo coñecemento de que se estaban canalizando actividades relacionadas co tráfico de drogas con mensaxería encriptada

En total practicáronse 57 detencións, dezaoito delas ingresaron en prisión

 

Imaxes cedidas pola Policía Nacional Imaxes cedidas pola Policía Nacional
G24.gal 08/08/2026 10:03

A Policía Nacional asestou un importante golpe a unha das maiores organizacións criminais dedicadas ao tráfico de haxix, nunha operación que culminou coa detención de 57 persoas e con 10,5 toneladas desa droga incautadas.

Segundo informou a Dirección Xeral do corpo, a droga procedía de Marrocos, introducíase na península polas costas e trasladábase por estrada para almacenala en pisos alugados na zona Norte de Madrid. Despois distribuíase a outras provincias e outras redes europeas.

En total practicáronse 57 detencións, 45 delas en Madrid, 5 en Valencia, 3 en Málaga, 2 en Guadalaxara, unha en Burgos e outra en Almería polos delitos de pertenza a organización criminal, tráfico de drogas, branqueo de capitais, falsidade documental e depósito ilícito de municións. Dezaoito delas ingresaron en prisión.

Ademais, leváronse a cabo 20 entradas e rexistros en Madrid, Guadalaxara, Málaga e Valencia, coa incautación de máis de 10.500 quilos de haxix, 1.100 quilos de marihuana, 47 botellas de gasolina supostamente para fornecer de combustible ás narcolanchas, 19 vehículos, 12 reloxos de luxo, 50.800 euros e un arma de fogo.

A investigación, dirixida pola Sección de Instrución, Praza 1 da Audiencia Nacional, iniciouse en agosto do 2025 cando se tivo coñecemento de que se estaban canalizando actividades delituosas relacionadas co tráfico de drogas a través dunha plataforma de mensaxería encriptada.

Tras varias pescudas constatouse a existencia dunha organización criminal internacional con alto grao de profesionalidade dedicada á introdución de haxix e marihuana procedente de Marrocos a través das costas españolas.

Posteriormente transportábana por vía terrestre a Madrid para o seu almacenamento en pisos alugados e así distribuíla a clientes menores do territorio nacional e, mesmo, a outros países europeos.

Irene Vera, portavoz de Policía Nacional
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade