Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Nacional e as Forzas Armadas achegan o seu labor aos máis cativos

A Policía Nacional e as Forzas Armadas achegan o seu labor aos máis cativos

Policías nacionais realizaron un simulacro de rescate ante 3.000 escolares na Coruña
G24.gal 23/05/2024 15:50

A Coruña foi escenario dun simulacro do rescate dun refén a cargo do grupo de operacións especiais. Foi unha das demostracións realizadas pola Policía Nacional, enmarcadas no seu 200 aniversario, ante 3.000 escolares.

Estamos "ensinándolles como actúan as diferentes unidades especiais, co obxectivo de que nos coñezan, de que estamos preto deles", di Inés Amor, voceira da Policía Nacional.

O grupo de desactivación de explosivos, a Unidade de Intervención e Reacción e a de guías caninos foron outras das que participaron. Esta última foi das que máis lles gustou aos cativos.

Enrique García, capitán de fragata: "Estar ao servizo da sociedade é o obxectivo das Forzas Armadas".

En Lugo, as Forzas Armadas están a participar na Primeira Feira de Educación, Formación e Emprego. A través de postos informativos, o Exército español intenta que especialmente os máis novos coñezan máis de preto como traballan, vendo algúns dos aparellos e os distintos vehículos que utilizan.

"Unhas Forzas Armadas cada vez máis profesionais, cada vez teñen unha compoñente máis tecnolóxica e ao servizo da sociedade que é o obxectivo das Forzas Armadas, tiñamos que estar aquí presentes como unha posibilidade para a nosa xuventude", afirma o capitán de fragata Enrique García.

Por este motivo informan tamén das diferentes saídas profesionais que ofrecen as Forzas Armadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade