Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía pide axuda para identificar un veciño de Vigo

A policía pide axuda para identificar un veciño de Vigo

Os investigadores da Policía Nacional queren saber como quedou ferido e inconsciente 

G24.gal 23/03/2023 13:03

O home que está identificado é un veciño de Vigo que aínda non espertou. Ten unha lesión no ollo esquerdo con perda de visión e un golpe na cabeza que foi o que lle provocou a inconsciencia.

A Policía Nacional  garante a absoluta confidencialidade dos datos que se acheguen tanto no 091 como no correo da policía: vigo.prensa@policia.es. Ata agora só puideron saber os locais en que o home estivo antes do suceso.

O home mide aproximadamente un metro setenta e na madrugada do suceso levaba unha indumentaria de cores claras.

A policía confía neste tipo de chamamentos na solidariedade e na colaboración cidadá; inicialmente pensaron que o home ía recobrar o coñecemento, pero non ocorreu desde xa hai case un mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade