Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía mata un secuestrador nunha localidade achegada a Lisboa

A policía mata un secuestrador nunha localidade achegada a Lisboa

O falecido tiña de refén outro home ao que estaba ferindo cunha arma branca

Os axentes din que seguiron os protocolos habituais nestes casos 

Alberto Mancebo 12/05/2022 13:57

Os nosos veciños portugueses están consternados por un secuestro que acabou de xeito dramático. Os axentes non puideron disuadir o agresor e tiveron que dispararlle.

Sucedeu na madrugada do xoves en Algés, en Lisboa. O secuestrador tiña de refén outro home ao que estaba torturando cunha arma branca.

Os axentes que acudiron ao lugar despois da alerta dos veciños tentaron por todos os medios disuadir o agresor, pero continuou ferindo a vítima. A policía di que seguiu os protocolos nestes casos e ante o perigo de morte do agredido decidiron disparar matando o secuestrador.

O país está sorprendido ante este suceso porque non son en absoluto habituais. Nos ránkings Portugal está posicionado como un dos países máis seguros do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade