A policía logra recuperar o roubado en tres vivendas de Xinzo
A Policía Nacional de Valladolid foi a que prendeu os ladróns cando estaban metendo nas mochilas todos estes obxectos nun coche alugado
O roubado en tres vivendas de Xinzo (Policía Nacional)
Os propietarios de tres vivendas asaltadas de Morgade, unha aldea de Xinzo de Limia, xa puideron recuperar o que lles roubaron o sábado. Reloxos, xoias de ouro, cámaras, teléfonos móbiles e cartos.
A Policía Nacional de Valladolid foi a prendeu os ladróns cando estaban metendo nas mochilas todos estes obxectos nun coche alugado.
Tras a investigación, puideron saber que presuntamente están detrás destes roubos de Xinzo, un en Cidade Rodrigo e outro en Valencia.
Asaltaban as casas cando non había ninguén dentro, forzando portas e ventás. Son dous homes que xa están en prisión. Un deles empregaba dúas identidades diferentes e con ambas tiña antecedentes.
