Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Local de Ponteareas advirte do perigo que supón o mal estado da N-120

A Policía Local de Ponteareas advirte do perigo que supón o mal estado da N-120

O Ministerio de Transportes aprobou un proxecto de remodelación da vía, pero o Concello reclama unha actuación urxente

G24.gal 16/02/2024 14:09

Un informe da Policía Local de Ponteareas alerta da perigosidade do firme da estrada nacional 120 ao seu paso polo concello.

O Ministerio de Transportes aprobou un proxecto de remodelación da vía, que arestora está en fase de exposición pública. O Concello di que o mal estado da nacional non permite agardar e reclama unha actuación urxente.

Son moitos os veciños que empregan a diario a estrada nacional 120 ao seu paso por Ponteareas. O estado de deterioración suscita moitas queixas.

"Está feita un desastre, sempre con fochancas. Hai un que leva anos no mesmo sitio. O arranxaron hai ano e volve estar mal".

A Policía Local do concello pontevedrés elaborou un informe sobre o mal estado da vía, con fochancas de ata varios centímetros de profundidade. Opina que representan un risco importante para os usuarios.

"Nunha das rotondas hai unha fochanca que evitan todos os coches. Un día vai haber un accidente", comenta unha veciña. 

O Ministerio de Transportes vai investir tres millóns e pico de euros na mellora da nacional ao seu paso por Ponteareas. Pero o proxecto aínda está en fase de exposición pública. O Concello reclama unha intervención urxente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade