Cargando resultados...
Axentes locais viaxan en bus para denunciar quen aparca nas paradas de autocar
Trátase dunha campaña da Policía municipal de Ourense coa que pretende por fin a esta práctica
G24.gal
14/10/2022 13:59
Última actualización 14/10/2022 14:49
Soben ao autobús, como un usuario máis, pero a súa misión é identificar a aqueles coches que están estacionados indebidamente nas paradas do transporte público.
Dende o interior do autocar alertan aos seus compañeiros que son os encargados de sancionar. Trátase dunha campaña da Policía Local de Ourense coa que pretende por fin a esta práctica.
Tentan concienciar dos problemas graves que poden causar esta infracción. Por unha banda, obrigan os autobuses a parar en dobre fila, entorpecendo a circulación. Por outra, poñen en perigo a integridade da pasaxe que debe cruzar entre os coches.