Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local de Ourense usará a intelixencia artificial para tramitar sancións en segundos

A Policía Local de Ourense usará a intelixencia artificial para tramitar sancións en segundos

Trátase do sistema Appolo,  capaz de captar calquera infracción e formalizar a denuncia no momento evitando o papelame

Permitirá conectarse coas bases de datos dos diferentes corpos policiais e identificar calquera irregularidade na estrada

G24.gal 02/03/2023 10:46 Última actualización 02/03/2023 11:22

sistema Appolo, que emprega a intelixencia artificial para conectarse coas bases de datos dos diferentes corpos policiais e identificar calquera irregularidade na estrada xa está instalado nun dos vehículos cos que conta a policía local en Ourense.

Segundo o edil de Seguridade, Telmo Ucha, "é un punto de inflexión na tecnificación do servizo e ten un gran poder disuasorio".

Con este sistema a policía local poderá tramitar as sancións no momento e evitar o posterior papelame.

Vehículos subtraídos, condutores co permiso de condución caducado ou sen ter pasada a ITV, dobre fila, carga e descarga, excesos de velocidade, control de acceso á zona vella ou emisións de CO₂ son algúns dos usos deste novo vehículo que en breve circulará polas rúas de Ourense.

"Se é un vehículo roubado saberémolo, igual que se se trata dun automóbil en seguimento por unha situación de violencia de xénero", explicou Ucha.

A prioridade polo momento será o control de aparcamento.

O inspector xefe da Policía Local Lourenzo Ferreiro asegurou: “É unha boa ferramenta e ademais pode programarse, é un complemento moi completo para todos os dispositivos que xa temos”.

Explicou ademais que o vehículo será útil para resolver problemas moi frecuentes, como a perda do coche.

"Isto é algo que pasa moito cos turistas; aparcan o coche e despois non saben onde o deixaron", asegurou.

Ao rematar a xornada, un axente deberá validar todas as denuncias para verificar que sexan correctas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade