Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía instala unha furgoneta diante da comisaría de Santiago para expedir DNI e pasaporte

A Policía instala unha furgoneta diante da comisaría de Santiago para expedir DNI e pasaporte

Neste punto poderanse facer trámites de urxencia ata o luns, debido aos danos provocados nas instalacións polo incendio deste xoves

A oficina de denuncias e Atención ao Cidadán atenderá unicamente os delitos graves contra as persoas e non estará dispoñible para trámites menores 

As dependencias foron inspeccionadas este venres e decidiuse precintar as plantas inferiores e limpar as destinadas á atención ao público

G24.gal 13/02/2026 12:06

A Policía Nacional instalará un punto móbil no exterior da comisaría de Santiago que funcionará como punto de información á cidadanía tras o incendio rexistrado nas súas instalacións este pasado xoves. O incidente obrigou a modificar a operativa.

Así, a Oficina de Expedición de DNI/Pasaportes atenderá exclusivamente nos casos de urxencia, ata o luns, na furgoneta instalada na avenida Rodrigo de Padrón, no exterior das dependencias policiais. A Oficina de Denuncias e Atención ao Cidadán unicamente atenderá os delitos graves contra as persoas e non estará dispoñible para trámites de entidade menor.

O Negociado de Estranxeiros non terá acceso aos equipos informáticos en principio ata o mércores, día 18 de febreiro. En caso de urxente necesidade, atenderase na Oficina de Estranxeiría da Comisaría Provincial da Coruña situada na rúa Médico Devesa Núñez, nº4.

"Cando as condicións técnicas o permitan, renovaranse as actividades operativas dos distintos grupos", asegura a Policía Nacional nun comunicado. O lume orixinouse nunha zona de práctica de tiro da planta inferior onde había pneumáticos almacenados. Tras máis de oito horas de traballo, os bombeiros conseguiron sufocado.

Labores de inspección e precinto de varias plantas  

Despois de que o incendio quedase extinguido na tarde do xoves, un retén dos bombeiros regresou este venres para realizar labores de ventilación. Un técnico municipal e outro da Policía Nacional inspeccionaron tamén as instalacións para comprobar o estado no que quedaron as infraestruturas e as instalacións eléctricas, que resultaron moi danadas.

Á espera de tomar unha decisión a semana que próxima, quedaron precintadas da planta -1 á -4 ao ser as máis afectadas e onde se sitúan os garaxes e a galería de tiro, lugar no que se orixinou o lume. Tamén se acordou limpar os pisos superiores, destinadas á atención ao público, para proceder á súa reapertura canto antes, aínda que non hai unha data para iso.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade