Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía disolve unha pelexa multitudinaria nun parque de Ribeira

A policía disolve unha pelexa multitudinaria nun parque de Ribeira

Non houbo detidos nin feridos de gravidade

Un dos implicados presentou unha denuncia por lesións leves

G24.gal 09/04/2024 13:54 Última actualización 09/04/2024 14:17

A liorta comezou no parque García Bayón de Ribeira contra as oito da tarde. A esas horas había moita xente tomando algo nas terrazas e moitos nenos xogando pola zona. Todos foron testemuñas do que aconteceu.

Polo que contan a liorta vén de lonxe e segundo din comezou coa separación dunha parella. Dende ese momento comezaron os problemas entre dúas familias que culminaron con esta pelexa.

Unha muller asegura que a nai da súa exparella foi quen iniciou a pelexa. Di que dende hai dous anos faille a vida imposible e que tanto el como a súa nai están sempre provocándoa e insultándoa pola rúa.

Ese precisamente foi o desencadeante da pelexa deste domingo. Unha amiga que quixo intermediar e foi agredida conta que xa pediu unha orde de afastamento da exparella da súa amiga e da súa nai.

Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Nacional e outra da Policía Local para disolver a pelexa. No lugar identificaron seis persoas. Unha presentou denuncia por un delito leve de lesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade