Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan a persoa que matou un menor a coiteladas dende un patinete en Madrid

Buscan a persoa que matou un menor a coiteladas dende un patinete en Madrid

Os investigadores non descartan que estea relacionado cun conflito entre bandas

G24.gal 24/04/2026 17:33 Última actualización 24/04/2026 18:23

A Policía busca o home que este venres matou a coiteladas un mozo de 17 anos no distrito de Puente de Vallecas, en Madrid.

Os feitos producíronse ao redor das 15:00 horas na rúa Vizconde de Arlesson.

O agresor circulaba en patinete. Achegouse ao menor, deulle dúas coiteladas nas costas e fuxiu.

Ata o lugar trasladáronse axentes do Grupo de Atención ao Cidadán, que practicaron as primeiras manobras de reanimación. Pero non conseguiron salvarlle a vida.

Axentes do Grupo de Delitos Violentos (DEVI) da Policía Científica tamén acudiron ao lugar dos feitos.

Os investigadores non descartan que poida tratarse dun crime de bandas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade