Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional salva a vida dunha ocupante ilegal que se autolesionou

A Policía Nacional salva a vida dunha ocupante ilegal que se autolesionou

A súa parella, coa que discute acotío, alertou as autoridades

G24.gal 11/11/2021 16:22

Os veciños da zona de Torrecedeira contáronnos hoxe ata que punto están fartos dos incidentes que protagoniza unha parella de ocupantes ilegais. No último deles a muller acabou autolesionándose e a policía tivo que acudir ao seu rescate.

Aínda quedan abondosas pingas de sangue en todo o percorrido que fixo a muller desde que saíu da casa de Menéndez Pelayo enfadada e se autolesionou ata que a socorreu a Policía Nacional na paralela rúa de Torrecedeira.

As discusións son constantes nesta vivenda onde viven desde hai anos un home e unha muller que son os que teñen constantes leas. Segundo os veciños, as discusións case nunca chegan ás mans e tampouco se pelexan ou increpan a veciñanza, pero están fartos das discusións día e noite.

Tras a autolesión, foi o propio home o que alertou da necesidade dunha ambulancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade