Cargando resultados...
Os veciños de Moaña mobilízanse para pedir unha atención primaria digna
Os veciños esixen na rúa que volvan os servizos de urxencias
G24.gal
12/12/2021 13:59
Os veciños de Moaña comezaron hoxe un calendario de mobilizacións para recuperar a atención de urxencias sanitarias.
Convocada por SOS Sanidade Moaña, partiu da praza de abastos unha manifestación que rematou na Casa do Mar. É a primeira das programadas para reclamar que as urxencias volvan ao centro de saúde da vila.
Queren recuperar os servizos que tiñan antes da pandemia e reivindican unha atención primaria digna e de calidade na vila.