Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		A plataforma SOS rural mobilízase en Madrid contra as leis que poñen "en perigo" o agro
                            G24.gal
                        
                            14/05/2023 18:14
                        
                        
                        
                        
                    
                    Un milleiro de persoas participaron en Madrid na manifestación convocada pola plataforma cidadá SOS Rural.
Entre os participantes hai labregos, gandeiros e cazadores que chegaron desde diferentes puntos de España. Reclaman a defensa do territorio e denuncian as leis que se están aprobando porque, na súa opinión, son excluíntes e poñen en perigo as actividades relacionadas co agro.
Critican a lei de benestar animal, a da cadea alimentaria, e a crecente dependencia dos alimentos importados.