Publicador de contidos
Publicador de contidos

A plataforma Lugo por Palestina reivindica ataques a varias sedes políticas en Lugo

A plataforma Lugo por Palestina reivindica ataques a varias sedes políticas en Lugo

Mancharon con pintura as sedes do PP, PSOE e Vox

G24.gal 20/03/2024 15:50 Última actualización 20/03/2024 16:23

Atacan con botes de pintura as sedes do Partido Popular, do PSOE e de Vox en Lugo. O acto foi reivindicado pola plataforma Lugo por Palestina a través dun vídeo que colgaron nas súas redes sociais. Os tres partidos condenaron o ataque.

O Partido Popular lamentou o uso da violencia para pedir a paz no conflito entre Israel e Palestina. Os socialistas cualifican os actos de inxustificables e lembran a postura do partido e do Goberno en defensa do pobo palestino. Para Vox, este tipo de actos non teñen sitio en democracia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade