Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pianista compostelá Isabel Dobarro volve á casa cun Grammy Latino na man

A pianista compostelá Isabel Dobarro volve á casa cun Grammy Latino na man

Ofreceu un concerto no Auditorio de Galicia, lugar do que di que lle espertou de nena o amor pola música 

Recolleu nas Vegas o galardón a Mellor Álbum de Música Clásica polo seu 'Kaleidoscope', unha visibilización das compositoras

G24.gal 26/11/2025 21:39 Última actualización 26/11/2025 22:02

Compostela. Son as 18.45. Antes de dar o concerto no Auditorio de Galicia, Isabel Dobarro vai ensaiar.

"Xusto volto de acadar ese premio Latin Grammy, e é moi emocionante que poda voltar á terriña, que poda voltar á casa e, en especial, neste teatro", di a pianista

Uns días antes, recollera nas Vegas o Latin Grammy a Mellor Álbum de Música Clásica.

"Era algo totalmente inesperado, unha ledicia enorme. Foi moi emocionante especialmente porque estaba a miña familia comigo, que tamén era moi importante que viviran ese momento. Foi algo excepcional, non podía parar de chorar, non podía parar de rir", conta a compostelá

A súa  virtuosa carreira é tamén unha reivindicación que comezou cando era unha profesora de 19 anos.

"Eu estaba a impartir clases na Universidade de Nova York, e un estudante preguntoume se existían compositoras. Eu era incapaz de dicirlle ningunha", relata Isabel Dobarro

Dende entón, loita e triunfa sendo a voz das mulleres, coma no seu premiado disco 'Kaleidoscope'.

"Toco un repertorio moi variado, pero, sen dúbida, a reivindicación de compositoras, tanto históricas coma contemporáneas, é parte fundamental" 

A compostelá dá conferencias na ONU, exerce de avogada e máis. Pero sobre todo toca o piano por todo o mundo.

"Empecei con tres anos. A miña familia era moi melómana, e ía sempre aos concertos no Auditorio de Galicia, que foi a miña primeira escola de música. Débolle, probablemente, a miña carreira posterior, porque foi aquí onde espertou o meu amor pola música", conclúe a concertista de piano

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade