Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pesca extractiva e a acuicultura en Galicia aumentan en 370 traballadores entre 2017 e 2021

A pesca extractiva e a acuicultura en Galicia aumentan en 370 traballadores entre 2017 e 2021

Un estudo da Xunta sitúa en case 17.000 as persoas ocupadas nestes sectores a pesar dos descensos na frota e os cultivos mariños

G24.gal 15/08/2023 12:42

A poboación ocupada na pesca extractiva e na acuicultura en Galicia aumentou en máis dun 2 % entre os anos 2017 e 2021, ao pasar de 16.606 persoas a 16.976. É dicir, subiu en 370 traballadores.

Son cifras da enquisa 'Ocupesca 2021', que elabora cada dous anos a Consellería do Mar da Xunta, que destaca a "capacidade de superación e adaptación" de ambos os sectores a conxunturas como o encarecemento dos combustibles, das materias primas e a pandemia da covid-19, entre outras.

No caso da pesca extractiva, os ocupados superaron os 11.550 en 2021, fronte aos 11.370 que figuraban no estudo de 2017, case un 2 % máis, a pesar de que a frota pesqueira galega se reduciu. Segundo a Consellería, débese a que o sector "soubo adaptarse ás circunstancias" e a súa masa laboral conseguiu incrementarse.

Por modalidades, o palangre de superficie do Cantábrico-Noroeste foi a que máis contribuíu ao incremento, cunha subida de até o 35% no persoal embarcado. Isto implica que, ao peche da enquisa, había un total de 491 tripulantes, 128 máis nos catro anos analizados.

Ademais, subiu a poboación ocupada nos caladoiros comunitarios, até os 1.273 profesionais embarcados, un 16 % máis con respecto a 2017. En concreto, creceron algo máis do 30 % os tripulantes de arrastre , ata 342, e máis do 11 % o palangre de fondo ata 931.

No que respecta á acuicultura, tamén se reflicte esta tendencia pola que o número de empregados subiu un 3,5 % neses catro anos, até os 5.420, a pesar da lixeira diminución dos establecementos de cultivos mariños.

Máis en detalle, subiron os traballadores en parques de cultivo, até os máis de 850 ocupado, un 28 % máis, e os criadeiros, granxas, liñas de cultivo e gaiolas, até os 774, un 15 % máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade