A pedra natural galega celebra en Vigo a primeira feira da Península Ibérica do sector
A innovación e a sustentabilidade centran o encontro desta industria, que ten que adaptarse ás novas esixencias da construción actual
O encontro reúne 150 empresas de Europa, América e Asia e agarda recibir máis de 3.000 profesionais do sector
O mundo da construción vive un momento de transición con moitos cambios sobre todo nos materiais. Os de toda a vida como a pedra natural adáptanse aos novos requisitos, e fano pola porta grande.
Innovación e tecnoloxía, pero tamén o deseño é clave para converter a pedra natural nunha opción moderna e atractiva.
A creatividade pasa a un primeiro plano con propostas diferentes e creativas.
Durante a inauguración da feira, o presidente da Xunta de Galicia defendeu o potencial desta industria e amosou o seu apoio á minería sostible.
O encontro reúne 150 empresas de Europa, América e Asia e agarda recibir máis de 3.000 profesionais do sector durante estes días.