Publicador de contidos

Publicador de contidos

A paisaxe inspiradora da Ribeira Sacra

A paisaxe inspiradora da Ribeira Sacra

A terra máis mística e espiritual de Galicia

A Ribeira Sacra cativa artistas e escritores que atopan nela unha fonte de inspiración

En decembro remata o Dolce Vita Tour de Amaral, a última oportunidade de ver unha proposta escénica en que a protagonista é a paisaxe da Ribeira Sacra
G24.gal 20/11/2026 11:30

O de Amaral e a Ribeira Sacra parece xa un idilio. Non é a primeira vez que o grupo aragonés elixe este enclave natural para promover os seus traballos. Así o fixeron no 2019 con Halconera, e volveron o ano pasado para gravar o videoclip da 'Dolce Vita'. Pero A Ribeira Sacra merecía moito máis e quixeron que estivera presente nos concertos do seu último tour e subiron a paisaxe ao escenario.

  "Estas dúas montañas, estas dúas ribeiras serían os cubos que hai a cada lado do escenario polo medio dos cales se derrama o río para poñer en escena, do que fala este disco que é a fraxilidade e a beleza da vida", conta a cantante Eva Amaral nas súas redes sociais.

As musas da Ribeira Sacra tamén foron inspiración para a escritora vasca Dolores Redondo. A súa novela Todo esto te daré está ambientada nesta contorna.

 "Síntome embaixadora da Ribeira Sacra dende a primeira proposta para que fose aceptada como Patrimonio da Humanidade, espero que chegue a selo porque o merece, porque é un lugar extraordinario, porque nos roubou o corazón a todos e cada un", apunta a escritora Dolores Redondo.

Tamén á escritora galega María Oruña. A súa novela O bosque dos catro ventos que anticipou o achado dos aneis máxicos do mosteiro de Santo Estevo, transita entre estas árbores centenarias.

"A min paréceme tan impoñente pero tamén tan intanxible que penso que cando me fixen escritora eu tamén quería, cunhas simples palabras, intentar recoller toda esta beleza, non?", confesa a escritora galega María Oruña.

Sexan artistas, escritores ou simples viaxeiros, todos caen rendidos ante o poder evocador deste refuxio natural e espiritual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade