Cargando resultados...
A ortografía xa non será eliminatoria nas oposicións a policía nacional
Esta parte foi denunciada en múltiples ocasións polo Sindicato Unificado de Policía e a Confederación Española de Policía
G24.gal
10/02/2022 08:33
E nunha das oposicións máis demandadas, a de policía nacional, a proba de ortografía deixará de ser excluínte. Esta parte foi denunciada en múltiples ocasións polo Sindicato Unificado de Policía e a Confederación Española de Policía.
A ortografía avaliarase dentro da proba de coñecemento, pero sen ser excluínte. Manterase o idioma voluntario no acceso á categoría de inspector por oposición libre, co que a valoración do dominio da segunda lingua incrementará a nota final, unha vez superado o proceso selectivo.