Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OPEP+ anuncia un aumento da extración de 206.000 barrís de petróleo ao día en abril

A OPEP+ anuncia un aumento da extración de 206.000 barrís de petróleo ao día en abril

A Organización confirmou este domingo que aumentará en 206.000 barrís ao día ata alcanzar o volume de produción de 2023

Xustifica este aumento "en vista das perspectivas estables e as baixas reservas de petróleo"sen mencionar a guerra con Irán 

Irán é o cuarto productor da OPEP cunha producción de 3.3 millóns de barrís ao día, que coa guerra pode ver afectada a súa exportación

Petroleiros no estreito de Hormuz. Foto: Arquivo Reuters/Hamad Mohammed Petroleiros no estreito de Hormuz. Foto: Arquivo Reuters/Hamad Mohammed
G24.gal 01/03/2026 18:07

A alianza petroleira OPEP+, liderada por Arabia Saudita e Rusia, confirmou este domingo que aumentará en 206.000 barrís ao día a produción de cru, "en vista das perspectivas estables e as baixas reservas de petróleo", sen mencionar a guerra con Irán, que mantén aos mercados en tensión.

Ese é o resultado dunha breve teleconferencia celebrada este domingo polos ministros de Enerxía e Petróleo de Arabia Saudita, Rusia, Iraq, Emiratos Árabes Unidos, Kuwait, Casaquistán, Alxeria e Omán, segundo un comunicado publicado na web da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP), con sede en Viena.

O comunicado do grupo, publicado na web da OPEP, non menciona a guerra con Irán desencadeada na mañá do venres polos ataques estadounidenses e israelís, que ameaza con frear gran parte do tránsito de petróleo polo estreito de Ormuz.

Xustifica a decisión de aumentar a extracción con "as perspectivas económicas globais estables e os actuais indicadores básicos sas do mercado, reflectidos nas baixas reservas de petróleo almacenadas".

O aumento de 206.000 barrís por día durante o mes de abril forma parte da dinámica de desfacer paulatinamente o recorte de 1,65 millóns de barrís por día, decidido en abril de 2023, mediante aumentos graduados de produción, agrega a nota.

Este proceso, iniciado o ano pasado pero conxelado no últimos tres meses, continuará de forma gradual e acorde ás condicións do mercado ata alcanzar "en parte ou totalmente" o volume dos 1,65 millóns de barrís recortados, sinala o comunicado.

A próxima reunión dos oito países líderes do grupo OPEP+ terá lugar o 5 de abril, conclúe a nota.

O ataque para Irán, que cuns 3,3 millóns de barrís por día é o cuarto produtor da OPEP, espertou temores non só pola interrupción das exportacións da República Islámica, senón pola ameaza de Teherán, anunciada na noite do sábado, de impedir o tránsito marítimo polo estreito de Ormuz.

Un 20% do petróleo do mundo, practicamente toda a produción de Iraq e Kuwait e a maior parte do cru extraído por Arabia Saudita e Emiratos, pasa por esta vía marítima, na súa gran maioría con destino aos mercados asiáticos, como China, India e Xapón.

O venres, en anticipación dun posible ataque, o barril de cru Brent, de referencia en Europa, alcanzando os 73 dólares, o máximo desde xullo pasado, e os expertos temen que podería alcanzar os 90 ou 100 dólares en cuestión de días.

Fundada en 1960 en Bagdad por Arabia Saudita, Venezuela, Irán, Iraq, e Kuwait, a OPEP, hoxe integrada por doce países, acordou en 2016 cooperar con outros dez países, entre eles Rusia, México, Casaquistán e Acerbaixán, creando a alianza OPEP+

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade