Cargando resultados...
A ómicron silenciosa xa representa o 18 % dos casos na área da Coruña
Segundo CovidBens a variante delta só supón o 4 % dos casos

G24.gal
25/02/2022 14:32
En pouco tempo a alcumada ómicron silenciosa será xa a variante dominante, apenas un mes despois de que fora detectada por vez primeira nas augas residuais que chegan á Edar de Bens.
Segundo a última actualización que acaban de facer os expertos que traballan no proxecto CovidBens, dentro do 96 por cento de casos compatibles coa variante ómicron, esta subvariante xa representa o 18 por cento, tendo en conta que esas mostras analizadas son dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Nestes momentos a variante delta tan só aparece nun 4 por cento das mostras analizadas.