Publicador de contidos
Publicador de contidos

A oferta de pisos para alugueiros de longa duración cae a mínimos históricos

A oferta de pisos para alugueiros de longa duración cae a mínimos históricos

En Galicia hai pouco máis de 2.200 vivendas dispoñibles, un terzo menos que en 2020

G24.gal 20/04/2024 14:28 Última actualización 20/04/2024 14:48

Apenas o 1 % das trescentas cincuenta mil vivendas baleiras que hai en Galicia están no mercado do alugueiro. É unha oferta claramente insuficiente, polo que se dispararon os prezos, especialmente nas cidades máis grandes.

Os datos son da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias. Actualmente hai pouco máis de 2.200 vivendas para arrendamentos de longa duración, unha terceira parte das dispoñibles en 2020.

O contrapunto son os alugueiros temporais, que medran, segundo a patronal inmobiliaria, porque os propietarios buscan aumentar a rendibilidade e evitar as obrigas e as limitacións da Lei de Vivenda.  O sector detecta desconfianza e preocupación entre os propietarios por temor a impagos e posibles ocupacións ilegais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade