A odisea de alugar unha praza de garaxe
A oferta caeu un 18 por cento nas sete cidades galegas mentres que a demanda foi a máis pola falta de aparcamentos na rúa
O parque móbil foi a máis nos últimos anos pero a humanización das cidades reduciu as prazas de aparcamento na rúa. Como consecuencias, atopar unha praza de garaxe para alugar tamén.
Alberto Barrreiros, xerente da inmobiliaria Solaina de Ourense, subliña que hai moita demanda pero moitas das prazas que se ofertan non se axustan as novas dimensións dos vehículos.
Cada vez hai máis demanda pero a oferta de prazas en alugueiro, segundo os últimos datos da Federación Galega de Inmobiliarias, caeu nas sete cidades galegas un 18 por cento. Entre A Coruña e Vigo suman pouco máis de 300.
Benito Iglesias, presidente da Federación Galega de Inmobiliarias, destaca que nos últimos anos case non houbo construción e que a falta de oferta de prazas de garaxe en alugueiro fixo que incrementaran os prezos. Os prezos medios oscilan entre os 50 euros de Ferrol aos de 90 de Vigo.
Asier Barja, da inmobiliaria Ronda de Lugo: "Hai xente que merca baixos para usalos como garaxe e alugan as prazas que lle sobran".
Dende o sector inmobiliario apostas por aparcamentos disuasorios ben conectados para facer fronte a escaseza de prazas de garaxe.