A ocupación hospitalaria no conxunto de España entra en risco moi alto
A incidencia sitúase en 3.397,6 e sobe algo máis de 200 puntos
O Ministerio notificou 234 falecementos
.png)
As comunidades autónomas notificaron este luns ao Ministerio de Sanidade 331.467 novos casos de covid–19, 36.414 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 292.394 positivos, e fai evidente a tendencia á alza na evolución da pandemia.
A cifra total de contaxios en España elévase xa a 8.424.503 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 3.397,60, fronte a 3.192,46 o venres. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 1.609.955 positivos.
No informe deste luns engadíronse 234 falecementos, en comparación con 202 o luns pasado. Ata 90.993 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 462 persoas con positivo confirmado en España.
Actualmente, hai 18.821 pacientes ingresados positivos en covid–19 en toda España (17.436 o venres) e 2.251 en UCI (2.224 o venres). Nas últimas 24 horas, producíronse 2.097 ingresos (2.332 o venres) e 1.175 altas (2.232 o venres). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 15,13 por cento (14,00 % o venres) e na UCI no 23,83 por cento (23,62 % o venres).