Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación hosteleira rolda o 90 por cento esta ponte en Galicia

A ocupación hosteleira rolda o 90 por cento esta ponte en Galicia

A pesar da previsión de mal tempo, as expectativas son boas en toda Galicia

G24.gal 30/10/2021 16:49

Atopar cuarto para pasar esta ponte de Todos os Santos en Santiago é tarefa complicada. "Estamos de ponte, e viñamos buscando chuvia, o contrario que nas Canarias e a verdade é que é o mellor sitio onde podes estar porque comes, bebes, gozas, hai cultura, un pouco de todo", aseguran uns visitantes.

En moitos establecementos contan que colgaron xa o cartel de completo, e os hostaleiros aseguran que as ocupacións rozan o 100 %.

A pesar da previsión de mal tempo, as expectativas son boas en toda Galicia, segundo Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia: "Galicia está de moda e a ocupación, movémonos entre o 85 e o 95 por cento, aínda que hai concellos ao cen por cento".

O sector confía en que esta ocupación que rexistran xa en temporada baixa se manteñan en decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade