A OCU denuncia seis marcas por cobrar o mesmo por menor cantidade de produto
Denuncian que se trata dunha suba encuberta de prezos, pouco transparente para o consumidor
Consideran que Pastas Gallo, Danone, Pescanova, Colacao, Tulipán e Campofrío poderían facer competencia desleal
Paquetes de embutido a un euro pero con menos lonchas, o mesmo bote de cacao pero máis lixeiro de peso. É o que se chama reduflación e algúns xa a detectaron.
A OCU entende que estamos ante unha suba camuflada de prezos que afecta ao 7 % da cesta da compra. Consideran que se trata de competencia desleal e denuncian ante a comisión de mercados a seis grandes marcas: Danone, Pastas Gallo, Pescanova, Colacao, Tulipán e Campofrío.
"Pode ser unha competencia desleal fronte a outras marcas, fabricantes e distribución que si fan as cousas ben e non cambian a cantidade, de maneira que ese consumidor compra o mesmo produto que compraba sempre, e se lle soben o prezo pode velo claramente", explica Ileana Izverniceanu, voceira da OCU.
Malia que a reduflación pode ser legal se o reflicte a etiqueta, desde a OCU falan de trampa para os consumidores e animan a que a denuncien, se son quen de detectala na letra pequena dos envases.