Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OCU calcula que a cesta da compra encareceu uns 500 euros ao ano

A OCU calcula que a cesta da compra encareceu uns 500 euros ao ano

Dos 156 produtos analizados, un 84 % subiron de prezo con respecto ao ano pasado

"Máis da metade da suba anual dos prezos produciuse nos últimos meses", di a OCU

G24.gal 04/04/2022 15:18

Os consumidores gastamos no último ano cincocentos euros máis de media en facer a compra. A cifra aparece nun informe da OCU, que explica que as alzas de prezos supoñen para os petos dos españois pagar un nove con catro por cento máis polos alimentos que compramos.

Esta organización de consumidores di que o que máis subiron foron os aceites de oliva e xirasol. En ambos os casos, andan polo cincuenta por cento de incremento. O prezo da pasta, dos plátanos e do salmón medrou entre un 30 e un 40 por cento.

Dos 156 produtos analizados, un 84 % subiron de prezo con respecto ao ano pasado. Os aceites de oliva e xirasol, lavalouzas, margarina, pasta, plátano e salmón son os produtos que máis subiron, apuntou a OCU nun comunicado.

O solombo de porco, a cebola e algúns produtos de farmacia e hixiene figuran entre os poucos produtos que baixaron os seus prezos. Ademais, a OCU indicou que "máis da metade da suba anual dos prezos produciuse nos últimos meses" e prevé que o "o máis probable" sexa que este aumento dos prezos empeore nos próximos meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade