A OCU apunta que os alimentos subiron un 8% de media con respecto ao mesmo período do ano pasado
Os meixóns son o produto que máis subíu, un 53%, e os percebes o que máis baixou, un 27%
As subas marcan récords históricos: meixóns, ameixas, ostras, cordeiro e ollomol nunca antes estiveron tan caros
Estes días encontramos moito peixe e marisco nos postos das prazas pero a prezos históricos. Segundo o observatorio da OCU, a Organización de Consumidores, os prezos son hoxe un 8% de media máis caros ca o ano pasado nas mesmas datas.
O prezo que máis subiu foi o dos meixóns, un 53%. Séguelle o das ameixas, cunha suba do 36 %, as ostras cun 28 e o ollomol cun 15 %. E se de carnes falamos chama a atención o año de leite, que subiu un 22%. Revela a OCU, que ningún destes produtos estivo nunca tan caro.
Sorprende porén a baixada do 27% dos percebes, o 16% da pescada ou os modestos 6 e 5 % da pularda e o redondo de tenreira,respectivamente. Mantéñense en prezos similares aos do ano pasado os lagostinos, o xamón ibérico ou a lombarda.
A OCU recomenda adiantar as compras ou, chegado o caso, substituír os produtos máis caros por outros alternativos que poden resultar igual de apetecibles e nutritivos en calquera prato de Nadal.