Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova estratexia de saúde laboral da Xunta recollerá os efectos do cambio climático e da saúde mental

A nova estratexia de saúde laboral da Xunta recollerá os efectos do cambio climático e da saúde mental

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Adela Quinzá Torroja, considera "apropiado" actualizar a normativa de prevención de riscos laborais

G24.gal 12/05/2023 14:51

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, Adela Quinzá Torroja, considera "apropiado" actualizar a normativa de prevención de riscos laborais para adaptala ao cambio climático que está a derivar en episodios de temperaturas extremas. 

Nunha entrevista no Galicia por diante, adiantaba que será unha das cuestións que recolle a nova estratexia de saúde e seguridade laboral que ultima a Xunta xunto aos axentes sociais.

Sobre as medidas adoptadas polo executivo, como a de prohibir traballos ao aire libre cando haxa alerta laranxa ou vermella por altas temperaturas, Guinzá Torroja explicou que "as empresas cando elaboran o plan de prevención de riscos laborais dos seus traballadores teñen que ter en conta factores de risco que poden influír. En época estival, as condicións climáticas pola calor á que esán expostos os traballadores poden ser causa de accidente de traballo e hai que tomar medidas preventivas e de protección". 

Por outra banda, apuntou que ademais de ter en conta as altas temperaturas cómpre analizar outros factores como "actividades con calor radiante, humidade relativa moi elevada, actividade intensa ou as condicións persoais do traballador por se padece algunha doenza ou está a consumir medicamentos. Todo isto debe contemplarse na avaliación de risco".  

Quinza-Torroja adiantou que a nova estratexia de seguridade e saúde laboral dará  resposta aos riscos derivados das novas modalides de emprego, coma o teletraballo, e afondará na saúde mental e nos riscos psicosociais.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar