Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova ABAU terá menos exames, pero contará cunha proba de madurez académica

A nova ABAU terá menos exames, pero contará cunha proba de madurez académica

Será o exercicio que máis pese na nota e valorará a capacidade de comprensión e análise dos alumnos

O Goberno detalloulles o novo modelo ás comunidades, e Galicia considera a proposta decepcionante, xa que segue xerando desigualdade  

G24.gal 27/07/2022 14:40

Coa nova ABAU os estudantes terán que examinarse de menos materias, pero terán que superar unha proba de madurez educativa. Este exercicio será o que máis puntúe, representará o 75 por cento da nota global.  

A proba dividirase en tres exames, neles valorarase a capacidade de comprensión e análise dos alumnos. É a principal novidade deste novo modelo, que Galicia xa avanzou que rexeitará porque non responde á demanda das comunidades de implantar unha proba única. Malestar tamén porque recibiron o borrador unha hora antes de que o Goberno lles presentase a proposta.

"É unha falta de respecto absoluta, e vistas as formas o fondo non podía ir mellor, creo que é unha proposta é decepcionante, sacan exames e cambian a metodoloxía da proba pero segue habendo dezasete probas diferentes, iso obviamnte non corrixe as debilidades nin desigualdades do sistema actual", dixo o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

Os exames que desaparecen son os de historia e redúcense á metade os do resto de materias. Só haberá dous exercicios obrigatorios, excepto nas comunidades con linguas cooficiais; tamén serán so dúas as probas a elixir para os que se presenten para subir nota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade