Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nai dunha das denunciantes de Tomé di que lle contou o caso a Besteiro o 7 de outubro

A nai dunha das denunciantes de Tomé di que lle contou o caso a Besteiro o 7 de outubro

Contou o seu relato no progama Código 10, de Cuatro, onde acusou o líder PSdeG de non axudalas

Os socialistas galegos anuncian accións legais contra o programa por difamación 

Besteiro di que "quen ten que dimitir é o que acosa"; o alcalde de Barbadás pide a dimisión do líder do PSdeG

José Ramón Goméz Besteiro, na comparecencia deste martes no Parlamento (EFE)
G24.gal 17/12/2025 09:05

O programa de Cuatro Código 10 falou agora coa nai dunha das denunciantes de José Tomé. Esta muller di que se reuniu con Besteiro o 7 de outubro para contarlle que a súa filla estaba a tratamento psicolóxico despois de que o dimitido presidente da Deputación de Lugo lle dixera que non tiña que estudar para aprobar unha oposición, que tiña que ter relacións sexuais con el. Sempre segundo a versión desta muller, Besteiro respondeulle que non podía facer nada.

O secretario xeral do PSdeG asegurou nun primeiro momento ao programa de Cuatro que non tiña constancia das acusacións de acoso sexual, pero máis tarde si recoñeceu que o sabía dende outubro e a través dunha terceira persoa, que sería esta nai que agora falou. 

Besteiro di que el lle insistiu en que tiña que presentar unha denuncia para poder actuar e activar o protocolo antiacoso do partido. 

Despois desta nova emisión de Código 10, o PSdeG emitiu un comunicado no que volven falar de campaña de difamación e anuncian que estudarán todas as accións posibles contra o programa.

Din que dende a dirección dos socialistas galegos sempre animaron a denunciar cando tiveron coñecemento do presunto acoso, o 7 de outubro. E engaden: "Quen diga o contrario está mentindo". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade