Publicador de contidos
Publicador de contidos

A 'Muiñeira do Areal' a ritmo de rock desde Caión

A 'Muiñeira do Areal' a ritmo de rock desde Caión

Foi idea da banda A Sombra dos Soños, coa que colaborou o grupo de baile tradicional Arume

Un momento do videoclip gravado no local comunitario da Balea en Caión
G24.gal 03/04/2024 21:41 Última actualización 03/04/2024 21:53

Estrea mundial desde Galicia.

Dúas agrupacións de Caión innovaron a tradición da muiñeira e fundírona co rock and roll, na música e no baile. O vídeo, gravado no local comunitario da Balea, xa está pendurado desde hoxe nas redes. 

A banda de rock local A Sombra dos Soños tivo a feliz idea da Muiñeira do Areal roqueira e con eles, colaborou o grupo de baile tradicional Arume, tamén local.

O primeiro de maio a banda sacará o seu primeiro disco, 'I'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar