A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, pídelles aos bancos conxelar as hipotecas
A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, pídelles aos bancos conxelar as hipotecas
Os beneficios do BBVA creceron un 38 %, ata chegar a 6.420 millóns de euros
A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, reclámalle aos bancos que conxelen as hipotecas e moderen os beneficios.
"Mentres a subida do euribor encarecerá a hipoteca media en 250 euros ao mes, os beneficios do BBVA crecen o 38 %, ata chegar a 6.420 millóns, os maiores da súa historia", resumiu Díaz nun chío de Twitter.
A diversificación do BBVA, que ten en México a súa principal fonte de ingresos, explica en gran medida ese avance dos resultados. En España o banco gañou 1.678 millóns, un 8,4 % máis, grazas á maior actividade e ao incremento dos ingresos.
Precisamente eses ingresos serán os que sirvan para determinar a taxa que terá que pagar a entidade este ano e o próximo tras a aprobación polo Goberno dun imposto extraordinario que está por ver se o sector recorrerá nos tribunais.