Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ministra de Facenda e vicesecretaria xeral do PSOE pídelle á xente que vote

A ministra de Facenda e vicesecretaria xeral do PSOE pídelle á xente que vote

María Jesús Montero dixo que en España hai dous xeitos de facer política

María Jesús Montero presentou en Cordoba ao candidato socialista á alcaldía
G24.gal 22/01/2023 14:30 Última actualización 22/01/2023 14:45

A ministra de Facenda e vicesecretaria xeral do PSOE, María Jesús Montero, reivindicou en Córdoba a convivencia e o progreso da esquerda fronte á confrontación da dereita.

A dirixente socialista pediulle á xente que participe nas próximas eleccións

A dirixente socialista participou na capital cordobesa na presentación do candidato do seu partido á alcaldía. Montero fixo un chamamento á participación nas próximas eleccións municipais, convencida de que poden gañalas.

Montero dixo que en España hai dous xeitos moi distintos de facer política

A vicesecretaria xeral do PSOE afirmou tamén que a recente polémica do aborto en Castela e León e a manifestación deste sábado en Madrid evidencian que en España hai dúas formas moi distintas de facer política.

"Hai dúas maneiras de facer política: aquela que está cos traballadores, coa clase media, coa xente nova, cos nosos pensionistas, coas nosas mulleres, e aqueloutra que, coma sempre, dá as costas e inventa miles de escusas para dicir que non a todo", afirmou en Córdoba María Jesús Montero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade