Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mercería Crisálida da Coruña rexorde cun grande éxito dos seus fíos nas redes

A mercería Crisálida da Coruña rexorde cun grande éxito dos seus fíos nas redes

O negocio reúne máis dun millón de seguidores entre todas as súas redes sociais

A súa venda en liña xa supera a física con máis de 250 pedidos cada mes de calquera parte do mundo

Mercería Crisálida, na Coruña
G24.gal 21/05/2024 16:46

O auxe das costureiras nas mercerías, un negocio tradicional que agora tamén está moi conectado ás redes sociais. Na Coruña atópase a Mercería Crisálida, un negocio do ano 1942 que ademais da tenda física vende en liña e ten máis dun millón de seguidores grazas aos vídeos que colga o seu propietario onde descobre os tesouros que vai atopando no almacén.

Esta mercería da Coruña ten 82 anos de historia e o almacén é o seu auténtico tesouro. Entre vellas caixas de cartón, moitas delas cheas de humidade, o seu novo propietario vai descubrindo todo o que agochan e faino sempre gravando vídeos para compartir nas redes.

Son todo produtos que forman parte da memoria industrial do país, moitos deles de fábricas que xa pecharon. Agora calquera pode facerse con eles. A venda en liña xa supera en facturación á física. Reciben máis de 250 pedidos cada mes de calquera parte do mundo.

Ramón colleu o traspaso cando levaba máis dun ano pechada. El nunca pensou que acabaría rexentando unha mercería con tanto éxito. Son xa 5 persoas traballando. Ten en total nas súas redes sociais máis dun millón de seguidores. Conta con máis de 422 mil no seu perfil de Instagram, 682 mil en TikTok e 129 en Facebook.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade