Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mellora enerxética de edificios permitirá un 25 % de aforro ás comunidades de propietarios

A mellora enerxética de edificios permitirá un 25 % de aforro ás comunidades de propietarios

Inminente convocatoria de axudas Next Generation destinadas á mellora enerxética de edificios que permitirán subvencionar ata o 80 % do gasto

A rehabilitación enerxética de edificios vai dirixida aos inmobles construídos entre os anos 60 e 90

G24.gal 21/04/2022 21:21

A rehabilitación enerxética de edificios vai dirixida principalmente aos inmobles construídos entre os anos 60 e 90. As melloras en teitos e cubertas, ventás ou illamento de fachadas permitiría elevar a súa eficiencia o que se traduce en aforro.

"Grazas ás obras necesarias para acadar unha cualificación A ou B lograríase un aforro enerxético da cuarta parte do que viñera pagando ata o de agora a comunidade de propietarios en enerxía", explica Roberto Medín, presidente do Consello Galego de Colexios de Arquitectos Técnicos.

As obras contarán con subvencións de ata o 80 % cun gasto máximo por vivenda de 18.800 euros, grazas a un novo programa de axudas con cargo aos fondos europeos Next Generation e que se vén sumar ao xa existente para cambios de ventás en vivendas unifamiliares que neste caso permiten aforros de ata 540 euros anuais.

Estas axudas europeas teñen como obxectivo a mellora medioambiental e a redución do consumo enerxético.

"Eses edificios teñen caldeiras comunitarias e poden seguir téndoas ou mudar a caldeiras individuais, pero con sistemas eficientes. Os combustibles fósiles quedarían fóra destas axudas porque penalizan a cualificación enerxética"

Algunhas das alternativas serían mudar a sistemas de biomasa ou xeotermia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade