Publicador de contidos

A 'Mareona' pon a proba a fortaleza do Lugo de Albés

A 'Mareona' pon a proba a fortaleza do Lugo de Albés

Campabadal, Canella e Barreiro son dúbida por problemas físicos

O Spórting vén de dúas derrotas consecutivas

Preto de 3000 seareiros do Spórting viñeron para o partido
G24.gal 30/10/2021 14:14

Quen ten unha entrada para un Lugo-Spórting ten un tesouro. Porque non é un partido calquera. Un Lugo-Spórting é sempre un motivo de festa, de irmandade, que arranca compartido polbo ou cachopo e acaba abaneando as mesmas cores na bancada.

A cita deste serán trae o Anxo Carro a case 3000 xixoneses e encontra un Lugo firme, con gañas de esquecer a derrota de Málaga e consciente do que lle agarda.

"Necesitamos dar máis do que demos ata agora, o Spórting vainos esixir subir o nivel", aseguraba o adestrador lucense, Rubén Albés. 

Os galegos manteñen as dúbidas de Barreiro, Canella e Campabadal. O Spórting chega cuarto, tras dúas derrotas e preocupado polas fortalezas deste Lugo.

"Temos que ter coidado coas súas transicións e a velocidade que teñen nas bandas", afirmaba David Gallego, técnico xixonés.

Transicións e xogadas como esta. O fútbol comeza ás seis e cuarto, con arbitraxe do madriñeo David Gálvez, e con outro espectacular partido na bancada.

 

Desde as primeiras horas deste mediodía os afeccionados do Spórting tomaron a rúa dos Viños e a muralla. Viñeron preto de 3000. Agardan tamén tomar o Anxo Carro esta tarde. Veremos se este Lugo de Rubén Albés llo permite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos