Cargando resultados...
A Malata acollerá un partido dos grandes na Primeira Federación
Racing e Córdoba, os dous primeiros na categoría, enfróntanse o sábado pola tarde ás 17:00 horas (G2 e G24)
G24.gal
20/10/2022 21:04
Dunha banda, un Racing refulxente. O invicto líder que só cedeu un empate en oito xornadas e equipo menos batido da categoría. Doutra, un gran Córdoba, que só sufriu unha derrota e é máximo goleador: 18 goles, máis de dous por encontro.
Ferrol prepárase, este sábado hai partido dos grandes na Malata. Así e todo, ao centrocampista Fran Manzanara cústalle falar dun enfrontamento entre favoritos. Será o partido sobranceiro da xornada na Primeira Federación e veremos na G2 e en G24.gal a gran batalla polo liderado.